viernes, 15 de enero de 2010

Ares ten pendente unha débeda coa "Memoria Histórica" po-la xesta dá "Fuxida do Vapor Ramón"

Ares ten pendente unha débeda coa "Memoria Histórica" por a xesta dá "Fuxida do Vapor Ramón"

Estes valorosos homes (entre eles o Alcalde de Ares Benito Feijoo e Juan Castro de Cervás) que loitaron pola liberdade, a democracia e o goberno legalmente constituído, tiveron despois que escapar da feroz ditadura franquista.
Son merecedores, eles, os seus familiares e amigos que lles axudaron dun recoñecemento popular e institucional.
Son ou foron persoas que deben ser recordadas polos seus ideais e accións, para que "nunca máis" ninguén teña que pasar por aquelas vicisitudes do exilio e afastamento da súa terra e familia.

Xa noutra ocasión mencionamos este "feito heroico histórico", pero moito mellor e amplamente teno exposto o compañeiro
Eliseo Fernández, historiador que na Monografía núm. 2 de "Cátedra " , Revista eumesa de estudios 2006, publicou un magnífico traballo na revista "Cátedra" de Pontedeume e que ofrecemos aquí. (¡Paciencia!, tarda cargar)
=============================================================

E seguindo coa "Memoria Histórica", temos que referirnos ao novo episodio do Cabalo de Ferrol.
Resulta que despois de tantos anos, do inmenso custo que ocasionou a súa desaparición da inconclusa Praza de España, onde se enterran millóns de Euros para deixar un espantallo, aínda hai que mover o cabalo e o xinete, para agora metelos nun almacén e tapalos cunha lona.

Pero, como non se acaba dunha vez con ese repelente monumento?, haberá que volver andar con el noutra ocasión?, ou tal vez espérase a que o tempo sexa chegado de retornalo ao lugar onde estaba?.
Todo é posible.
Hai que achatarralo xa, e despezalo dunha vez. O cabalo pódese aproveitar para colocalo nos montes de "A Capelada", como xa quería algún alcalde.
Pero o xinete, fóra con el. Á fundición dunha vez e que se cumpra esa Lei que así o manda. Sen máis contemplacións e vaguidades Sr. Irisarri e compañía.

Son estas a cousas xocosas que están ocorrendo neste ano da "Conxunción Planetaria", que vaticinou Leire Pajín, e que continuarán cos rezos de Zapatero e Obama en 4 de febreiro con motivo do "Almorzo Nacional da Oración", do grupo cristián conservador "A Familia".

Non coñecemos aínda se Zapatero levará ás súas fillas, porque tamén elas podería darlle un toque exotérico ás cerimonias do evento.

1 comentario:

  1. Anónimo8:39 p. m.

    ¡malo será! Sobre todo para o cabalo. R. Tojeiro

    ResponderEliminar

Entradas populares más vistas