lunes, 25 de febrero de 2008

Instalacións de Grelladas e Lecer no C.C. "OUTEIRO" de Chanteiro

Xa está finalizada a Barbacoa que o Concello de Ares instalou nos terreos contiguos ao local do Centro Cultural "Outeiro" de Chanteiro. Con elo poderanse facer grelladas e parrilladas o aire libre.Este logro conséguese grazas ás xestións realizadas pola Directiva do "Outeiro" co Alcalde aresán Julio Iglesias.

Tamén se colocaron bancos e mesas de madeira, que constitúen o inicio do que será un área recreativa e parque, en canto plántense algúns arbores máis e acondiciónese este terreo da parte inferior do local social, que leva todo o tempo en abandono desde que se fundou esta Sociedade, aínda que se usa habitualmente para facer as sardiñadas, Festa do Ourizo, mexilonadas e outros actos de carácter popular gastronómico que organiza o C.C. "Outeiro".

Parece ser que o Concello comprométese a levar a cabo a rehabilitación deste espazo, acondicionándoo adecuadamente na medida que vaia sendo posible.
Esta primeira iniciativa en Chanteiro, parece que vai ser exportada tamén a outras Entidades parroquiais, tales como o C.I.R.S. de Cervás e a Agrupación Instructiva de Caamouco.
Parabéns por estas obras menores, pero que redundan en beneficio de veciños e visitantes.

viernes, 15 de febrero de 2008

MEDIO SÉCULO DO CLUB DE REMO DE ARES - 1958- 2008

Este ano cúmprese o 50 Aniversario do Club de Remo de Ares.
O Club de Remo de Ares, con moito esforzo e traballo e cos seus altos e baixos está convertido nun dos líderes do remo galego.
E todo isto conseguido por pura afección xa que as xeracións de remeiros non son compensados economicamente e é moito o esforzo que realizan adestrando todo o ano faga frío ou calor. Só lles compensa o entusiasmo de lograr boas clasificacións e algún que outro palmarés ou título clasificatorio nun deporte duro e que non é compensado coas sumas que se reparten outros deportes de menos esforzo.
O esforzo social, tanto de directivos como remeiros, é encomiable xa que lles levou en anos atrás a construír o seu propio local social por prestación persoal no lugar do Petelo.

Eles deron a coñecer o nome de Ares por todos os circuítos do remo, tanto na costa galega como en toda a cornixa cantábrica e ata nos lagos onde se celebraron regatas famosas.

O deporte do remo é considerado polos especialistas como un dos máis duros e nobres. Xunto co ciclismo é unha das disciplinas deportivas de maior arraigamento na zona de Galicia, xunto cos portos asturianos, cántabros e vascos que manteñen tamén esta modalidade de competición de enorme beleza autóctona.
En Ares xorde esta afección do remo, como en toda a cornixa cantábrica, da tradicional rivalidade entre os tripulantes das distintas embarcacións pesqueiras que compiten para demostrar a súa habilidade durante as festas tradicionais dedicadas á Virxe do Carme, a súa patroa.

Polos anos corenta os remeiros de Ares empezan a trasladarse fóra da súa contorna e van competir a Sada de forma libre. Foi no ano 1958, 8 de decembro, cando deciden regulamentarse deportivamente e fundar o Club de Remo de Ares, capitaneados por "Pancho" Francisco López e baixo os auspicios da Confraría de Pescadores.
Ao seguinte ano 1959, xa como club federado, participa no campionato de España de Bermeo, alcanzando un meritorio terceiro posto.

Continúa o interese e no verán do seguinte ano 1960, na badía de Santander, proclámase campión de España de bateis, sendo a primeira embarcación non vasca que o consegue. Desde ese momento o Club de Remo de Ares tomou outros rumbos adecuándose aos tempos e deixando a práctica do banco fixo e embárcase na aventura do banco móbil, única disciplina olímpica.

Máis tarde incorpora a outras modalidades como traiñeiras de gran tradición mariñeira.

En 1962 consegue un terceiro lugar nas probas disputadas en León e en 1966, en augas ferrolás, proclámase campión de España de yolas na categoría xuvenil.

Continúa con éxitos simultáneando o banco fixo e o móbil e desde 1977 proclámase varias veces consecutivas campión galego de bateis.
No ano 1975 no lago de Mequinenza, consegue a medalla de bronce na modalidade outtriger a 4 sénior e en 1980 é campión de España de Dobre Scull en categoría infantil. Tamén quedou de sexto de bateis en Luanco e o mesmo fixese en 1979 en Castro Urdiales. En 1981 alcanza outra vez a medalla de bronce na mesma categoría e modalidade do ano anterior.

Despois continuou con participación en regatas obtendo éxitos como ata ser por catro veces consecutivas campión galego de bateis na Coruña.

Das súas filas saíron grandes remeiros como o olímpico Pedro Carro Allegue.
Outros datos máis recentes poden obterse na páxina Web do Club de Remo de Ares .

Esta é a grandes liñas, a primeira etapa da vida deportiva deste Club, que continúa actualmente pondo sempre en práctica o lema deportivo de que "o importante é participar".

Coincidindo co seu 25 Aniversario, no ano 1983, o Club de Remo de Ares inaugura as súas Instalacións no lugar do Petelo, Avda. Tenente Xeral Gabeiras, nunha leira denominada "As Cortiñas" de propiedade municipal e que foi outorgada como arrendamento mínimo de 50 anos e posibilidade de ser prorrogado, con autorización de efectuar as instalacións que se consideren necesarias, pero coa condición de que cando chegue a operarse a reversión, as instalacións e construcións existentes pasarán a ser propiedade municipal, sen ningunha indemnización.

Este contrato foi realizado o día 24 de abril de 1980, en virtude do aprobado no Pleno Municipal de 29 marzo 1980, facultando ao Alcalde José Cortiñas Gil para outorgar o contrato en representación do Concello e por parte do Club de Remo de Ares, o seu Presidente naquel momento José A. Roel Lodeiro.

Agora, con motivo do 50 Aniversario, o Concello de Ares tamén entrega ao Club unha substanciosa subvención, en recoñecemento ao seu labor.

jueves, 7 de febrero de 2008

PGOM Ares-99 - TODOS JUNTOS TAMBIEN PARA RESUCITARLO

¡Así se hacen las cosas!


Parece que, como acto de contricción y arrepentimiento, por sus hazañas anteriores. (Algo podría tener que ver tambien la Conferencia Episcopal).

Todos los munícipes a una, se disponen a trabajar en un nuevo Plan General de Ordenación Municipal, tomando como base el proyecto ya en vías de reforma, presentado por el anterior Equipo de Gobierno Popular.
Si esto se hiciese desde un principio, ¿cuántas molestias y dinero se ahorraría?.


ENCUESTA
En la encuesta, sobre la culpa de llegar a la anulación de este Plan, realizada por "A Voz de Chanteiro" entre los visitantes, el resultado arrojó los siguientes datos:
Participaron 45 visitantes durante 10 días.

El 46% (21 votos) culpó al PP.
El 24% (11 votos) atribuyó la culpa a todos los grupos.
El 14% (6 votos) culpó al tandem PSOE-BNG gobernante en su aprobación.
El 9% (4 votos) culpó al PSOE.
Y finalmente un 7% (3 votos), culpó al BNG.

La encuesta, como todas, aparte de dar una idea general sobre el asunto, indica también la tendencia de la gente que nos visita.

¡Gracias a todos!

miércoles, 6 de febrero de 2008

SOCIEDADE GANDEIRA DE CERVAS - Fermoso final centenario

Fermoso final centenario para a Sociedade Agrícola Gandeira de Cervás (Ares), unha das máis antiga de Galicia, fundada no ano 1899 co fin social de que os gandeiros tivesen aseguradas as súas vacas, que constituían o alicerce das economías familiares.


Contra as consecuencias da perda por morte ou enfermidade das súas cabanas reducidas. Xa que na maioría dos casos estaban constituídas por unha parella de vacas e outro par de crías de tenreiros ao ano que vendían para sacar algún diñeiro.

Outros moitos veciños de economía mixta tiñan soamente unha vaca.

Pero a morte dunha res supuña un golpe moi duro. Ás veces sentíase máis a morte dunha vaca que a dun familiar. ¡Así eran os tempos retratados por Castelao!

Ás veces as vacas eran "postas" por un dono ao que había que render contas das ganancias que proporcionaba a vaca: leite e crías. E ademais había que terlle o capital asegurado.

Entón ao estar asociado a Sociedade abonaba a perda do valor do animal, que era recuperado entre os socios en parte proporcional ao capital asegurado.

É dicir, que abonaba máis parte das perdas o que máis capital tiña asegurado.

O gando tiña que ser revisado cada tres meses por unha comisión de tres socios, que valoraban o prezo dos animais, taxados segundo os prezos do mercado e feiras.

Esta comisión denominábaselle a "revisora" e marcaba data e lugar onde debían acudir os socios coas súas vacas para valoralas. Outra "revisora" acudía polas casas para taxar o gando menor, as crías dos tenreiros.

Tamén se asumían os gastos veterinarios e de farmacia, aínda que non na súa totalidade, pois o propietario debía pagar unha parte, para evitar que houbese abusos de consultas non necesarias. ¡Igual que na seguridade social!


Co tempo foi diminuíndo a cabana gandeira e entón a sociedade transformouse en Cooperativa de Produtores do Campo (Listado 654 de CNAE), para facilitar aos asociados sementes e abonos a máis baixo prezo que o de mercado.

Nesta época xa máis recente foi cando se acometeu a construción dunha nave para almacenar e gardar os materiais. Así como tamén serviría de lugar de asembleas e reunións, do que antes se carecía.

Pero este local nunca chegou a estar terminado do todo. Coincidiu coa decadencia na zona da gandería e a agricultura precarias que chegou a desaparecer case por completo. Os socios fóronse dando de baixa e soamente aguantou unha mínima directiva que foi a que definitivamente liquidou a Sociedade coa venda da nave e a súa parcela.

Hai que recoñecer a boa vontade desta comisión liquidadora, a cal preferiu que os terreos pasasen a propiedade municipal antes de que a mans particulares, a pesar de ter algunha oferta maior que eses 90.000 Euros que pagou a Xunta para o concello de Ares.

Esta mesma oferta xa lla fixeron á anterior Corporación, sen que atopase receptividade.
Esta parcela da nave está unida á que ocupa a Escola de Preescolar (1561 m2.), tamén sen utilizar polo peche do Parvulario. Así toda esta extensión constitúe un lugar ideal para albergar calquera complexo multiusos en beneficio do concello de Ares.
Parabén ao alcalde Julio Iglesias e aos membros da sociedade cervasina.
¡Así se fan as cousas!
Os socios da Cooperativa de Produtores do Campo de Cervás fixeron entrega esta mañá ao alcalde de Ares, Julio Iglesias, das chaves da antiga nave, adquirida recentemente polo Concello grazas á achega económica da Consellería de Presidencia, que aportou os 90.000 euros nos que foi valorado o inmoble.
Precisamente o titular deste departamento da Xunta de Galicia, José Luis Méndez Romeu, acudíu ao CIRS de Cervás, lugar no que se desenvolveu o acto, para participar da entrega, na que tamén estiveron presentes o rexedor socialista e os integrantes do grupo de goberno así como a maior parte dos 23 representantes da cooperativa.
O primeiro en falar foi o socio máis antigo da entidade, Juan Manuel Doval, que fixo un breve percorrido pola historia da cooperativa, creada en 1899 como sociedade agrícola ganadeira e xa en 1969, como cooperativa. Tamén lembrou a orixe da nave, agora de propiedade municipal, que comezou a construirse en 1970 grazas á implicación dos socios, “que traballábamos os domingos e festivos”, e a decisión da xunta de vender os bens, o 12 de novembro de 2005.
Para o alcalde, “hoxe é un día moi especial xa que culminan uns contactos que se remontan a hai polo menos dous anos”. Iglesias subliñou a importancia histórica da sociedade, “cuxa extinción da certa pena”, e que ten un especial recordo para os vellos militantes socialistas.
Neste sentido, indicou que na sede do partido se falaba da época da República, na que se puxo en valor o traballo do campo, “e unha boa proba disto estaba aquí, en Cervás”. “Cervás é moi pequeño, pero tivo uns fillos moi valiosos que fixeron que presente unha fisonomía bastante moderna”, afirmou o rexedor, que engadíu de que o feito de que os bens da cooperativa foran vendidos ao Concello garante a pervivencia da súa historia. “Sexa cal sexa o servizo que se poña a disposición dos veciños na nave, sempre haberá unha esquiña, unha placa ou unha pequena sala na que se recolla a vosa historia, os vosos libros de actas e tesourería, para que ese legado poda chegar a tódolos aresáns”, destacou Julio Iglesias.Ademais, o alcalde quixo agradecer a aportación económica da consellería que preside Méndez Romeu, do que destacou o seu compromiso e a súa sensibilidade “persoal e política” cos concellos, como o de Ares, e as súas parroquias. “É o primeiro conselleiro que se achega ata esta esquiña e comparte con nós a incorporación ao patrimonio municipal dun ben que ten parte da historia desta parroquia”.
Pola súa banda, o titular deste departamento da Xunta asegurou que “Ares está de moda porque o seu alcalde é Julio Iglesias, cunha labor estratéxica e fundamental na Dirección Xeral de Xustiza durante os dous últimos anos, porque está sendo obxecto dunha atención preferente, como se constatou no Día Mundial da Arquitectura en Redes, e porque aquí se está grabando unha exitosa serie de televisión (Padre Casares, na TVG), na que se mostra un pobo con interese e futuro”.
Para José Méndez Romeu, que afirmou que “chegou a hora de Ferrol e da súa comarca, tanto no grande como no pequeño”, apuntou que a súa visita respondía a dúas finalidades. A primeira, a de rendir unha homenaxe ao que foi o cooperativismo agrícola e gandeiro, subliñando o feito de que os bens desta entidade vaian ser destinados a fins sociais. E, en segundo lugar, a de por de manifesto o xeito de actuar dos Concellos galegos, invertindo, como é o caso, na creación de equipamentos que melloren a calidade de vida de todos, ao marxe de vivir nunha zona máis ou menos poboada do municipio.
Despois da entrega ao Concello das chaves da nave e do reparto de agasallos –un reloxo para os 23 cooperativistas, a cargo do Concello de Ares, e unha figura dunha vaca, entregada polos socios ao conselleiro de Presidencia e ao alcalde-, os representantes políticos e da sociedade fixeron un percorrido polos terreos e o inmoble adquirido pola administración, para rematar o acto cun pincho no CIRS de Cervás.

Entradas populares más vistas