lunes, 26 de noviembre de 2007

Centro Cultural "OUTEIRO" - Aos 40 anos dun orgullo veciñal

Unha obra feita por prestación personal
Fotos de 1970

Este primeiro de decembro 2007, conmemórase o 28 aniversario da inauguración do Centro Cultural OUTEIRO de Chanteiro.
Para recordar tal efeméride, podemos facer un pouco de historia sobre a creación desta Sociedade, orgullo lóxico dos veciños de Chanteiro polo esforzo colectivo para a construción do edificio e a súa posta en funcio
namento.

Os terreos en que se erixe a edificación foron doados polo chanteirés emigrado a Venezuela Agustín Pena. En principio os terreos estaban destinados, por desexo do doante, a construír neles as Escolas de Chanteiro. Un desexo, por outra banda común en todas a persoas que emigraron por necesidade e botaban en falta a incultura e instrución, que eles non tiveron, pero desexaban puidesen ter as xeracións que quedaban aquí.

Pasaron moitos anos, os desexos expresos do doante non se cumpriron por abandono das administracións públicas. E máis tarde, as disposicións dos organismos de Educación optaron pola construción de Grupos Escolares Comarcais Centralizados.

Entón, os veciños de Chanteiro, viron que se podería dar cumprida a idea do doante de que os terreos dedicalos a "labores cívicos", e para ese efecto en 26 outubro de 1969, reuníronse sobre o mesmo terreo un grupo de veciños para ver a dedicación que podería darse á leira, que estaba xa escriturada a nome do concello de Ares, pero cunhas condicións e cláusulas que indicaban o fin a que debería ser destinada.

Nesta asemblea veciñal xurdiu a idea de construír nestes terreos un Centro de reunión, cultura e esparexemento.

Esta idea trasladouse ao Concello de Ares e ao doante dos terreos que a acolleron favorablemente.
Posteriormente for
mouse unha Comisión Organizadora e asociáronse á idea un centenar de veciños.
Estableceuse xa unha couta mensual de 50 pesetas e o compromiso de levar a cabo os traballos polo sistema de "prestación persoal", traballando en quendas os días festivos.

Pero non había diñeiro para materiais nin ferramentas.
O Concello de Ares, presidido por Justo Montero acordou facer unha achega de cen mil pesetas que pagaría exclusivamente en materiais. Tamén xestionou outra axuda doutras cen mil pesetas da Deputación.

Isto foi unicamente co que se contou. Todo o demais débese a achegas dos socios e beneficios de barracas de bebidas que se instalaban durante as festas.

Fixéronse xestións e solicitudes de achegas ante a entón Delegación de Turismo e Fundación Barrié da Maza, sen ningún resultado.

Xa en etapa democr
ática, fixéronse intensas xestións na Delegación de Cultura. O entón Delegado Seijas Flores prometeu medio millón de pesetas, pero todo se esfumou. A subvención dixo que dependía de Madrid. (?).

Mais tarde a que era Vicepresidenta terceira do congreso dos Deputados, a coruñesa María Vitoria Fernández España, prometeu facer xestións ante o Ministerio de Cultura no que mandaba o seu amigo Pío Cabanillas. E nada.
Fernández España tamén prometeu doar unha biblioteca e tampouco o cumpriu.

En fin, os veciños sempre en solitario e de aí o mérito que supoñeu esa obra.

As obras do edificio comezaron en xuño 1970 e tiveron varias interrupcións, debido á falta de medios económicos, chegándose ata á necesidade dalgúns socios, ter que achegar algunhas cantidades da súa peculio particular en concepto de préstamo.

Legalizada a sociedade coa denominación de Centro Cultural Outeiro, se elixiu a primeira Xunta
Directiva en 27 de febreiro de 1979.

E, por fin, o sábado 1 de decembro faise a inauguración.
Ao acto asistiron o primeiro alcalde de Ares desta etapa democrática, recentemente elixido José Cortiñas Gil, Delegado Provincial de Cultura Sr. Vidán Torreira e o poeta amigo desta sociedade Xosé María Pérez Parallé.

Todos no uso da palabra resaltaron o labor levado a cabo polos veciños de Chanteiro e ofrecéronse para calquera iniciativa do Centro.
En nome do Outeiro falaron o presidente Manuel Doval Grela e o secretario Roberto Mayobre Rebón. Estes directivos elixidos para a primeira Xunta, xa o foron tamén durante os
10 anos da Comisión Organizadora, xunto con outros membros máis.

Despois dos actos protocolarios celebrouse un baile que estivo amenizado polo Conxunto musical Os Tambar de Ferrol.

Este ano, para celebrar ese 28 Aniversario, hai outro baile o sábado día 1 decembro 2007, coa
Orquestra CIDADE CRISTAL.

¡¡Parabéns para todos!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas populares más vistas