martes, 31 de octubre de 2006

A "COVA DOS MOUROS" Cervás (ARES) - Historia e Lenda

COVA DOS MOUROS DE CERVÁS (ARES) - A Coruña - Galicia
Perforación de orixe descoñecida, que mide máis de cen metros de longo, por metro e medio de alto e preto dun metro de ancho.
Á beira había un castro céltico que aproveitouse despois como fortificación artilleira. A ensinada deste lugar coñécese como Santa Mariña. Alí había un illote, separado da punta por un estreito brazo de mar de orixe erosivo.

Anciáns xa desaparecidos da parroquia de Cervás, afirmaban ter oído dicir aos seus antepasados que esta illa a lembraban aínda unida a terra firme. Na illa descubríronse sollares e restos de tellas, que con toda probabilidade eran os restos dun Santuario erixido en honor á mártir galega Santa Mariña, que diu nome ao lugar, e que se afundiu pola acción erosiva do mar da ría de Ares.
Pois alí preto, atópase a denominada pola fantasía popular "COVA DOS MOUROS". Perforación tonelada que non é de orixe natural, senón que se notan as pegadas de que foi escavada a man e, co entullo sacado formouse un enorme barranco.

De lonxitude indefinida, nos anos cincuenta cifrábase nuns cen metros, pero nunca púidose chegar ao final, por atoparse derrubamentos e falta de osíxeno.

Nunca se soubo con certeza sobre a orixe e a utilidade desta perforación. As hipóteses sobre o particular son sumamente variadas.
Uns opinan que foi habitación prehistórica e que a circunstancia de atoparse ao bordo dun precipicio, fai pensar que os seus moradores dedicábanse á caza polo procedemento de acosos ás reses, para que se despeñaran naqueles quebradizos. Outros a supoñen feita polos fenicios, con vistas á extracción de estaño ou, polo menos, considérana antiga explotación mineira. Algúns pensan que puido ser para captación dunha traída de auga. Non falta quen di que foi unha especie de refuxio ou polvorín da batería establecida no castro veciño.

En fin, a fabulación sobre esta Cova é abundantísima e algúns supoñen que chegaba ata Mehá (Mugardos), na ribeira da ría de Ferrol.

As denominadas vulgarmente Covas dos Mouros, existen en moitas partes de Portugal, Galicia, Asturias, ...., forman parte da "cultura castrexa", e a fabulación popular as denominaba así, aínda descoñecendo a súa orixe.
Romayo de Chanteiro

jueves, 26 de octubre de 2006

O CONCELLO DE ARES NON TEN NINGUN INTERESE POLO CENTRO DE SAUDE

O Xulgado desestima a denuncia do Alcalde contra o Sergas

A Consellería de Sanidade a unha pregunta do parlamentario Blanco Parga do BNG, informa ao
Parlamento que:


"A consellería de Sanidade non ten coñecemento de que o Alcalde de Ares teña retirado a querela criminal por prevaricación e falsidade documental contra a Directora Xeral da División de Recursos Económicos do Sergas.

Pola contra, con data 27 de xuño de 2006 o Alcalde de Ares presenta un recurso de reforma e subsidiario de apelación ao Auto ditado polo Xulgado de Instrución nº 4 de Ferrol con data 16 de xuño, onde se acorda o sobresemento provisional e arquivo da denuncia.

Este recurso é impugnado polo Fiscal, alegando que, non existe o máis mínimo indicio de que coa súa conduta a denunciada ao emitir o seu informe procedera de forma interesada, cun contido incerto e manipulado.

A totalidade das actuaciós revelan que a Directora Xeral da División de Recursos Económicos do Sergas limitouse a emitir un informe técnico, criminalizar o contido do mesmo sería tanto como predeterminar o ditame que contivera.

Así con data 28 de setembro, o Xulgado de Instrución nº 4 de Ferrol dita un Auto desestimando integramente o recurso de reforma interposto polo Sr. Cendán contra a Resolución de data 16 de xuño de 2006, confirmando a mesma integramente.


A Consellería non recibiu ningunha comunicación oficial nin petición formal para retomar as conversas e negociacións para a construción do Centro de Saúde.


A Consellería de Sanidade non pode executar o investimento previsto no Protocolo de colaboración coa Deputación da Coruña como consecuencia da non dispoñibilidade dos terreos adecuados para a súa realización.

No momento que a Consellería de Sanidade dispoña dos terreos programaranse os investimentos necesarios para dar a mellor asistencia sanitaria á poboación en función das dispoñibilidades presupostarias"

Romayo de Chanteiro

miércoles, 18 de octubre de 2006

EN CHANTEIRO, HACE 50 AÑOS - CRIA DE VACA CON DOS CABEZAS

A PUCHA DE ROZAS

Trátase da "Pucha de Rozas". José Rozas que vivía no lugar do Curro en CHANTEIRO (Ares)


O texto escrito na mesmo retrato dí:

"Esta ternera que se ve en la foto tiene dos cabezas unidas, dos bocas, cuatro ojos y dos orejas. Por lo demás es normal.

Nació en Chanteiro (Ares) el día 29 de Junio de 1.956. FOTO PITA"

Era o dia da Festa de San Pedro en Cervás, e foi moita a xente que veuna ver. Seguiron vindo a vela durante as duas semanas seguintes moita xente da bisbarra.
Era alimentada a biberón, pero pese a ser atendida por veterinario morreu aos poucos días.


Romayo de Chanteiro

Entradas populares más vistas